miércoles, 29 de enero de 2014

CAMPO A TRAVÉS EN CEE

O pasado  venres celebrouse no Campo de fútbol San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través. Nesta cita anual na que participamos dende fai varios anos, acudiron outros centros educativos e entidades, tanto do noso concello coma dos limítrofes. Asi, da nosa vila, acudiron o CPR Manuela Rial Mouzo, os IES Fernando Blanco e Agra de Raíces, e a Agrupación deportiva Olimpia. Do noso arredor, participaron: CEIP San Vicenzo (Vimianzo), CEIP Santa Eulalia (Dumbría), CEIP Virxe da Barca (Muxía), CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), IES Terra de Soneira (Vimianzo), IES Pedra da Aguia (Camariñas).
Do noso colexio participaron máis de 60 alumnos e alumnas, dos cales algúns adestran co clube de atletismo Olimpia, e deste grupo participaron coas dúas entidades, algúns co colexio e outros co clube.
Todos e todas fixérono moi ben e acadaron os mellores resultados para o colexio dende que participamos nestas probas, clasificando para a fase intercomarcal cinco equipos de seis categorias nas que participamos e na proba infantil masculino clasificou un alumno de xeito individual.
Podedes ver as clasificacións no seguinte enlace: clasificacións
Para a fase intercomarcal nos equipos clasificados irán os seis primeiros nenos ou nenas do colexio de cada categoría. Esta proba disputaras o vindeiro venres 7 de febreiro en Noia.
Parabéns a tódolos participantes polo comportamento, o esforzo realizado e os resultados obtidos por todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario