viernes, 5 de diciembre de 2014

Os nenos do cole van a campo a través

Hoxe tivo lugar a proba de campo a través correspondente á fase comarcal no estadio San Paio de Refoxos de Cee. Nunha proba na que participaron arredor de 70 alumnos do colexio (entre os que ían co cole  e os que ían co clube de atletismo Olimpia) que puideron disfrutar desta xornada deportiva con nenos e nenas doutros coles e institutos da comarca con preto de 600 participantes en total. Entre os centros participantes están os tradicionais Manuela Rial Mouzo de Cee, o clube de Atletismo Olimpia de Cee, o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, o CEIP San Vicenzo de Vimianzo, o IES Agra de Raíces de Cee, o IES Terra de Soneira de Vimianzo e o IES Pedra da Aguia de Camariñas entre outros, sumouse este ano a incorporación do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión.
Aproveitando unha xornada de bo tempo tódolos escolares disfrutaron destas probas e tiveron a oportunidade de demostrar as súas dotes atléticas e disfrutar co resto de compañeiros. 
Do centro houbo atletas de categorías benxamín, alevín e infantil tanto masculino coma feminino. Todos e todas fixérono xenial e puxeron todo da súa parte o cal é de agradecer, así coma o comportamento antes, durante e despois das carreiras. Houbo un par de alumnos que se atoparon un pouco mal polo esforzo realizado, e todos acabaron tremendamente cansos, pero unha vez pasado o esforzo e o pequeno susto pasados, pasárono moi ben. Ademais moitos dos nenos e nenas gañaron medalla e mesmo algúns, as probas da súa categoría (en benxamín e alevín). Nos vindeiros días disporemos das clasificacións. 
Noraboa a tódolos participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario