domingo, 6 de diciembre de 2015

Campo a través en Cee

O pasado venres celebrouse no Estadio San Paio de Refoxos (como vén sendo habitual nestes últimos anos o primeiro venres de Decembro) o campionato comarcal de campo a través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE. Preto de 1000 participantes déronse cita, nenos e nenas de: CEIP Eugenio López e Manuela Rial Mouzo de Cee; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; CEIP Virxe da Barca de Muxía; CEIP San Vicenzo e CEIP Baíñas de Vimianzo; CEIP Canosa Rus de Coristanco; CPI Cabo da Area de Laxe; CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco de Cee; IES Terra de Soneira de Vimianzo; IES Pedra da Aguia de Camariñas; e o clube de atletismo da nosa vila, a Asociación Deportiva Olimpia de Cee.
Do noso colexio participaron 74 alumnos (dos cales 12 fixérono coa Asociación Deportiva Olimpia) en categorías benxamín, alevín e infantil masculino e feminino. Estivo unha mañá moi boa para as probas e todos e todas fixérono moi ben, de ahí a nosa felicitación a tódolos participantes, en especial ós nenos e nenas do colexio pola ilusíón coa que participan e o esforzo que realizan, independentemente dos resultados acadados. Algúns dos nosos alumnos mesmo gañaron unha medalla e incluso Rubén Caamaño venceu na carreira da súa categoría, a proba alevín masculina. 
Foron moi bos os resultados do clube Olimpia, que cada ano conta con maior número de integrantes e o esforzo destes nenos unido ó traballo realizado por Jorge Lariño póñense de manifesto tanto nestas probas como nas carreiras populares nas que participan.
Nos vindeiros días poremos os resultados. Os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous mellores equipo pasan á fase intercomarcal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario